Saltar ao contido
20:11 h. Sexta feira, 11 de Xullo do 2014

"O país volverá arder"

A Xunta presenta o Pladiga 2014 como un corta-lumes eficaz contra os incendios forestais. Mais non convence. "O país volverá arder", opinan desde Defensa do Monte.

Galiza, en emerxencia social

Os debates sobre a Risga e a apertura no verán dos comedores escolares puxeron no primeiro plano un país no que  a pobreza, a necesidade e a carencia deixaron de habitar en 'guettos' para se instalar en non poucos fogares.

Acampada en Vigo pola sanidade pública

A acción, impulsada pola plataforma en defensa da sanidade pública, completarase cunha mobilización desde o MARCO o 21 de xuño. As organizacións convocantes chaman a defender a sanidade pública fronte o modelo que pretende impor o Partido Popular. 

O TSXG estima na súa integridade a demanda da CUT contra a CRTVG

O sindicato denunciara a resolución do director xeral da compañía de xaneiro de 2014 na que, afirmaba, ''instaurar o autoritarismo nas relacións laborais e limitar gravemente os dereitos das profesionais da información''. Con esta sentenza, o TSXG deixa sen efecto os artigos da normativa denunciados pola CUT.

A crise provoca 8.000 despexos na Galiza

Un total de 7.724. È o número de desafiuzamentos de inmóbeis executados no noso país entre 2008 e 2013, segundo os dados do CGPJ. Só en 2013 houbo 1.241, unha media de sete despexos en Galiza cada dous días.

A Lomce reproducirase o 28 de maio nunha aula do franquismo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou novas mobilizacións contra a Lomce e os recortes no ensino público. Entre as protestas, desenvolverse un acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo ''co obxectivo de amosar  as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se  pretende coa LOMCE''. 

Emigrantes Retornad@s castigarán o PP nas eleccións europeas

A Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados castigará ao PP nas urnas nas vindeiras eleccións europeas. A entidade comunicarallo ao presidente da Xunta, nunha carta que entregarán esta terza feira no rexistro do Parlamento Galego. Dirixiranse tamén a todos os grupos parlamentarios para reclamar solucións urxentes. 

Angrois: nove meses do máis insensíbel pacto PP-PSOE

O pasado xoves cumpríronse nove meses dunha traxedia ferroviaria que lle custou a vida a 79 persoas e na que a investigación xudicial cada vez apunta con máis forza ao que xa parecía evidente ás poucas horas do sinistro: a existencia dunha responsabilidade política que atinxe aos dous referentes bipartidistas do modelo actual.

Novo asasinato machista, desta volta en Foz

María Elena Rodríguez Quiroga foi asasinada o 24 de abril polo seu compañeiro cunha arma de fogo que el propio construíra. O movemento feminista chama a se mobilizar para denunciar a violencia exercida contra as mulleres.

A veciñanza de Sarria revólvese contra o concello: "Non nos imos render"

Centos de manifestantes convocad@s pola Plataforma Sarriana polo Río concentráronse ás portas da casa do rexedor municipal para amosaren o seu rexeitamento ás obras de encauzamento e ao despexo acometido pola Garda Civil. 

Véndese (ou alúgase) sanidade pública

Percorremos as áreas sanitarias do País, onde se artellaron de maneira coordenada protestos en todos os hospitais públicos contra o desmantelamento da sanidade e, no concreto, contra a privatización do servizo de esterilización, tamén dos instrumentos cirúrxicos: "non esaxeramos se dicimos que acabará morrendo xente por infeccións". O 26 de marzo haberá manifestacións simultáneas en toda a Galiza.

O aborto, a debate na praza

Acontece cada quince días na cidade da Coruña e por iniciativa dun importante número de mulleres que teimaron en levar ás rúas as conversas sobre as distintas formas de violencia, tamén aquela que se exerce ao recortar nos seus dereitos sexuais e reprodutivos. Conversamos con elas.

Contido non dispoñíbel