Saltar ao contido
11:28 h. Domingo, 26 de Maio do 2013

Feijóo amaga con levar deputad@s aos tribunais

O día despois de Yolanda Díaz terlle perguntado se chamou ao Sergas para pedir que non se lle fixera a autopsia a Manuel Cruz, o presidente da Xunta di que está a "reconsiderar" a hipótese de levar aos tribunais aos que, di, se están a rir "dos galeg@s, das institucións, da democracia e do Parlamento".

"O galego para a Xunta é unha roncha"

O BNG presenta no Parlamento unha proposición de lei para a reforma da Lei de normalización lingüística cadrando co 30 aniversario da súa promulgación. Exixirá unha "oferta en positivo" en eidos como o ensino, a sanidade, a xustiza, os medios de comunicación e, por suposto, a Administración pública

O PP pide a demisión do alcalde de Ourense por gastar 100€ da asignación do Concello en bebidas para unha festa do PSdG

O Concello de Ourense ten convocado para esta quinta feira un pleno extraordinario cun único punto na orde do día: "solicitar a reprobación da xestión e actitude de Agustín Fernández Gallego como alcalde de Ourense e a súa demisión como membro desta corporación municipal". O BNG decidirá se a reprobación vai adiante, pois o PSdG votará en contra e PP e Democracia Ourensana farano a favor.

Jorquera acusa a Louzán de ter feito carreira política da man dun narcotraficante

O portavoz do grupo parlamentario do BNG preguntou en comisión polas acusacións do presidente da Deputación de Pontevedra contra o voceiro d@s estafad@s do Rosal, a quen acusou de ser "un provocador nato" e de utilizar o calote "para facer carreira política e desgastar os líderes do PP"

A Xunta dá luz verde á Lei de garantías sanitarias

O executivo de Alberto Núñez Feijóo trasladará "de maneira inminente" ao poder lexislativo o anteproxecto de lei. A proposta da Xunta fixa prazos de agarda de non máis de 60 dias, aboca @s doentes á privado-concertada e recolle a posibilidade de pagamento adiantado, para quen poida facelo

A oposición chama a reaxer contra as políticas da dereita

As formacións políticas con representación parlamentar clamaron por "un cambio radical" nas políticas da Xunta no Día da clase traballadora. Cunha greve xeral no albo, BNG e AGE chaman a "reaxer" mentres PSdeG exixe a Feijóo que "se deixe de mentiras" e pule por "un acordo" social

Publicidad xerais, suso de toro