Son tempos de agasallos. As cartas ao Apalpador, ou aos Reis no seu caso, veñen completas mais pode ser que moitos dos agasallos que penduran na nosa árbore non aparezan nos escritos.
Un baleiro no lugar en que tiña que estar o corazón fai ao vello xastre abandonar o pazo e atoparse coa dureza da realidade. O libro O corazon do xastre, publicado pola editorial de Pontevedra OQO vén de ser galardoado co Premio Vittoria Samarelli na súa edición italiana.
En “Compostela Iconográfica” interpretou o santoral e agora o artista Jack Mircala baixa ao mundo de Dante, ao inferno da inexistencia na súa nova obra Baixada a Esquela (El Patito Editorial).
Maria Fumaça só dá opción para cantar, bailar e ser feliz. É o anuncio que promete o novo proxecto en que Uxía xunto con Magín Blanco, Isaac Palacín, Carlos Blanco ou Tanxarina Teatro alén dun feixe de artistas máis, partillan a alegría coa cativada.
Tres grandes chefs de requintado sibaritismo francés preparan en escena receitas do libro de Álvaro Cunqueiro. Arredor deste singular encontro, Teatro dos Ghazafellos ofrecen a súa nova produción na que ameazan ao público con “escachar ca risa”. A obra estréase o día 7 en Narón.
Son os ghits da xente miúda. Mamá Cabra vén de gravar Bicos de música, un novo traballo con dez temas e dez video-clips para escoitar e bailar. Despois do éxito de Xa me tardan estes Magos, a cativada agarda con ansía o novo disco.