Ao contrario do que pensaba a familia, as irmás Coralia e Maruxa Fandiño non están soterradas na mesma tumba. A descuberta fixérona dúas asociacións de Compostela que emprenderon un proxecto para amañar o nicho 991, onde se pensaba que repousaban os seus restos
Hai 50 anos da foi creada en Barcelona a Amical de Mauthausen, a primeira asociación de recuperación da memoria histórica en todo o Estado español, que tiña como obxectivo botar luz e reivindicar os dereitos das persoas deportadas nos campos de concentración nazis. Cunha dura experiencia no campo de mulleres de Ravensbruck, Mercedes Núñez foi a primeira delegada na Galiza da Amical e dedicou os últimos anos da súa vida a defender a memoria dos deportados galegos desde a súa residencia de Vigo.
O Instituto de Estudos Agrarios “Mártires de Sobredo” vén de botar a andar co obxectivo fundamental de manter vivo o significado do carácter social e reivindicativo dos sucesos ocorridos en Sobredo, lugar da parroquia de Guillarei (Tui) o 28 de novembro de 1922, no marco das mobilizacións sociais agrarias para a eliminación dos Foros.
Cándida Rodríguez González, Xaquín Estévez Besada e Venancio González Romero son os nomes dos mártires de Sobredo, na parroquia de Guillarei en Tui, que o alumnado da comarca homenaxea desde hai máis de dez anos.
Cinco anos despois da súa aprobación aínda hai moitos dos seus artigos que non se cumpren. O novo executivo no Estado español e na Galiza esqueceron as vítimas e as asociacións que traballan por recuperaren a dignidade que se lles negou.
Os actos de celebración do 94º aniversario da Asembleia Nazonalista de Lugo, organizados pola A. C. Cultura do País, contaron cunha charla coloquio sobre “A participación política das mulleres durante o primeiro terzo do século XX. O galeguismo” a cargo da historiadora Isabel Rodríguez.