Saltar ao contido
8:22 h. Cuarta feira, 19 de Xuño do 2013

Segunda, terza... feiras, formas de noso

Veciñas e veciños de Bergantiños de máis de sesenta anos non tardan en mostrar que as formas tradicionais de lle chamar aos días son segunda, terza, cuarta/corta, quinta ou sexta feiras. A MNL de Bertantiños elaborou un vídeo para promover o uso das nosas formas tradicionais. Video no Interior.

A LNL cumpre 30 anos. X. R. Freixeiro Mato, Socorro García e Nel Vidal fan balance (2)

O director do Servizo de Normalización da Universidade da Coruña, Xosé Ramón Freixeiro Mato, a Técnica de Normalización do Concello de Santiago, Socorro García Cone, Técnica de Normalización do Concello de Santiago e o prresidente da Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística Nel Vidal Barral fan balance de trinta anos de Lei de Normalización Lingüística. 

A Lei de Normalización Lingüística cumpre trinta anos. Balance (I)

Carlos Callón, Isabel Vaquero e Henrique Monteagudo hoxe e Xosé Ramón Freixeiro Mato, Socorro García Conde e Nel Vidal mañá fan balance da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística no día no que fai trinta anos. Cúmprense tres décadas do texto lexislativo que recollía como obxectivo a normalización da língua e preguntámoslle a seis persoas activas no proceso arredor do seu cumprimento. 

"O galego para a Xunta é unha roncha"

O BNG presenta no Parlamento unha proposición de lei para a reforma da Lei de normalización lingüística cadrando co 30 aniversario da súa promulgación. Exixirá unha "oferta en positivo" en eidos como o ensino, a sanidade, a xustiza, os medios de comunicación e, por suposto, a Administración pública

Carlos Callón irá de maneira excepcional de novo a xuízo o próximo 10 de maio após ter sido absolto

Unha semana antes da manifestación do 17 de maio, o presidente da MNL terá que declarar de novo na Audiencia da Coruña pola súa defensa da Lei de Normalización Lingüística. Fora absolto da acusación presentada polo ex-xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandión por lle chamar a atención perante a súa afirmación de que utilizaba a “ilegalidad del topónimo La Coruña” sen rubor

Máis un 17 de Maio nas rúas "polas mesmas razóns de sempre"

Baixo o lema Non queremos ser estranxeiros na propia patria, a plataforma Queremos Galego chama á mobilización en defensa da nosa lingua: "xa gostariamos de mudar o argumentario, mais é o de sempre. A exclusión do galego é tal que á Xunta só lle falta colgarnos a campaíña de leprosos"

Córsega debate se declarar o corso cooficial

'Corsu, Ti tengu caru' (Corso, quérote). A cuestión da oficialidade do corso volve, máis unha vez á asemblea da illa. Un 90% da poboación estaría a prol da cooficialidade. A sesión deste 25 de abril, onde se ía votar a proposta, adiouse por mor do asasinato dun político corso.

Publicidad grupo nea