Saltar ao contido
14:19 h. Cuarta feira, 19 de Xuño do 2013

Pemón Bouzas: "O que me traian os reis magos vai ser marabilloso"

Xornalista e escritor, Pemón Bouzas vén de publicar “A estrela de Oriente” (Xerais), un libro en que re-visita o mito dos Reis Magos. O escritor reconstrúe a viaxe dos tres personaxes en que interpreta como un diálogo e encontro entre culturas. Lembra a maqueta dun tren eléctrico que atopou nos seus zapatos nunha mañá do 6 de xaneiro e desexa que a ilusión de momentos como ese dure toda a vida.

Día das Bibliotecas... para as que quedan

A celebración do Día das Bibliotecas chega no peor momento. O goberno español eliminou o orzamento do próximo ano para as bibliotecas públicas e na Galiza aumentan os peches. A Xunta recorta nas aulas de animación á lectura e no equipamento de bibliotecas escolares.

Caxade: 'Estou polas redes como medio de difusión'

Músico 'multigrupal', fai parte do Cuarteto Caramuxo, PELdeNOZ, CabRaret e a Orquestra Os Modernos, ademais de colaborar con formacións tan diferentes como The Homens, Roi Xordo ou Ruxe Ruxe. Agora comeza un novo proxecto en solitario en que conta co público como o seu mellor crítico.

Diario desde Támil Nadu

María Reimóndez, presidenta de Implicadas no desenvolvemento (www.implicadas.com), atópase en Tamil Nadu (India) realizando o seguimento dos proxectos que a organizacion ten en marcha no país con activistas tamiles. A través dunha serie de crónicas achegaranos as súas experiencias persoais no decorrer da súa estadía. Neste espazo, iremos pendurando cada unha delas.

Medra o mar para Bernardino Graña

Unha grande homenaxe nacional honra ao cangués este sábado 1 de setembro. O Atlántico abraza ao poeta do mar, cunha xornada de poesía, música e navegación que organizan a AELG e o Colectivo Arteu, coa colaboración da Universidade da Coruña e a Real Academia Galega.

Publicidad xavier vence libro
Publicidad o canton
Publicidad Feira Libro Xunta
Publicidad pontevedra metrominuto
Publicidad allariz concello xardins