Saltar ao contido
22:23 h. Cuarta feira, 19 de Xuño do 2013

Senunpeso dá unha segunda oportunidade aos aparellos tecnolóxicos

A asociación que naceu en 2009 co obxectivo de organizar o Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV) realizará o 23 de febreiro un mercado para intercambiar, mercar e vender produtos de segunda man máis ou menos relacionados co audiovisual. A fin de semana anterior terá lugar a Mostra Audiovisual LAV013.

Lugo e Ourense musealizan a súa historia e inauguran centros de interpretación

As dúas cidades aproveitan a recuperación de espazos para a investigación e divulgación do patrimonio arqueolóxico. Lugo presenta o Museo Interactivo da Historia de Lugo para entender a evolución histórica da cidade e converterase ademais no espazo da arte contemporánea lucense. Ourense recupera espazos co seu Centro de Interpretación Arqueolóxico-Termal.

“Rabat” escollida mellor longametraxe de ficción no Amal 2012

Unhas 7.000 persoas participaron no Festival Euroárabe Amal que se celebrou estes días en Compostela. "Rabat" conseguiu tres galardóns, mellor longametraxe de ficción, mellor actor foi compartido para Nasrdin Dchar, Achmed Akkabi e Marwan Kenzari, e o de mellor director para Jim Taihuttu e Victor Ponten. O premio á mellor actriz foi para Soufia Issami.

Amador Lorenzo: "Non quero documentar a realidade"

Fotoxornalista de vocación, o gañador desta edición do Premio Luís Ksado sentiu ilusión polo recoñecemento do seu traballo. "Tudo isto é Fado" mereceu o galardón pola súa "lectura intimista e poética con resultado plástico de gran forza visual".

Catedral de Santiago S.A.

Levantado o segredo do sumario na investigación ao redor do roubo do Códice calixtino, coñeceuse a declaración de M.F., único detido por estes feitos. Segundo dixo, o roubo foi pactado co deán co obxectivo de lle dar publicidade ao manuscrito, que pasou un ano enteiro en paradoiro descoñecido até dar con el nun garaxe do Milladoiro e lucido despois nunha exposición aberta ao público en que recibiu, en oito días, máis de 12 mil visitas. Para alén das responsabilidades do ex traballador M.F., o acontecido co Calixtino pide a berros unha investigación económica en profundidade, pois a catedral conta con ingresos millonarios que non declara.

O cine galego viaxa á outra fin da terra

Comeza o 35 Festival de cine de Douarnenez (en Finistère, na Bretaña), que dedica esta edición ás cinematografías catalá, vasca, galega e andaluza, e a onde chegará para a a semana o veleiro Estelle, no seu camiño a Gaza.

“Rabat” escollida mellor longametraxe de ficción no Amal 2012

Unhas 7.000 persoas participaron no Festival Euroárabe Amal que se celebrou estes días en Compostela. "Rabat" conseguiu tres galardóns, mellor longametraxe de ficción, mellor actor foi compartido para Nasrdin Dchar, Achmed Akkabi e Marwan Kenzari, e o de mellor director para Jim Taihuttu e Victor Ponten. O premio á mellor actriz foi para Soufia Issami.

O cine euroárabe volve da man do Festival 'Amal'

A X Edición celebrarase en Compostela do 14 ao 20 de outubro. Dos 700 traballos audiovisuais presentados seleccionáronse 31 películas, a maior parte de Exipto, Francia, Bélxica, Palestina, Alemaña, Emiratos Árabes Unidos e o Estado español.
Publicidad xavier vence libro
Publicidad o canton
Publicidad Feira Libro Xunta
Publicidad sermos tenda
Publicidad grupo nea
Publicidad pontevedra metrominuto
Publicidad allariz concello xardins