O grupo ordense remata este sábado a súa Xira dos 10, dos dez anos que levan subidos a un cenario. Após percorrer o Estado en nove concertos, o derradeiro será na casa: Compostela, Sala Capitol, ás 21.30 horas. Eis aquí a mensaxe que nos deixaron para vós: "Asistide, feligreses!"
Veio o bom tempo... chegou a hora! Sachas ao lombo, luvas nas mãos, botas de goma nos pés... @s de Compostela (porque a vaca não é de onde nasce) vêm com ânsia de semear a revoluçom musical. Quisemos saber como lhes vai na leira
A Liga Estudantil Galega e a asociación Cultura do País convocan unha noite de monólogos e concertos para axir unha campaña de homenaxe a Roberto Vidal Bolaño co gallo do 17 de maio, dia das Letras
Só para bandas en galego. Esa é unha das características do Galegote Rok que comeza hoxe día 5 coa festa de presentación organizada polo Concello de Pontevedra. O neno Elliot e Os amigos dos músicos abrirán o cartaz do festival na sala Karma.
Ao que foi guitarrista e cantante de grupos inesquecíbeis coma Siniestro Total e Aerolíneas Federales, non hai quen o baixe das táboas. Alguien tenía que hacerlo é o nome do disco que acaba de sacar ao mercado xunto á banda que leva o seu apelido. Inmersos na nova xira, prometen tocar en todos os festivais de verán na Galiza. Imaxe interior: Alba Villanueva
A elección d@s internautas levará á emblemática Cidade dos Muchachos a Guezos, Skarallaos, La Tarrancha e Rimbarán, nesta nova edición do festival ourensán presidida por Fermín Muguruza e a Manu Chao
Suso Bello, unha das voces da Compañía do Ruído, fálanos do novo traballo discográfico da banda de Ribeira que leva por nome “Pensares galegos”. Temas clásicos e novos coa mesma forza de sempre.
Con Fermín Muguruza, Obrint Pas e Zuloak, entre os pratos fortes e históricas bandas autóctonas como Os Diplomáticos, Ruxe Ruxe, Zënzar e Ulträqäns, Vilaxoán de Arousa promete esmorga os días 18, 19 e 20 de xullo. Alén dos concertos de pago, o festival aposta por unha programación gratuíta con outras actuacións musicais, contacontos, teatro, circo e sardiñada popular
Amizades e familiares organizan unha gala o 27 de outubro no Salón Teatro na que participarán Chévere, Magnifique Band dos homes sen medo, Laura Ponte, Ataque Escampe, Rubén Ruibal e X. Carlos Mejuto, Dolce Vita, Leo arremecaghoná & García, Pako D'Pink & Perello e Mini e Mero.
O último proxecto musical de Tonhito de Poi sorprenderá. Dunha experiencia persoal e mística na reserva nacional do Purús, na Amazônia, o de Ribeira presenta un traballo con tres formatos complementarios. O primeiro é a edición dun CD co título de “O Soro da Verdade”, unha colección de cánticos medicinais. O segundo, un documental que acompaña a este traballo discográfico coas imaxes desa viaxe. O terceiro o “Diario da viaxe cósmica á Amazônia”. A presentación en directo será o vindeiro 18 de decembro no Teatro Colón (A Coruña).
Os mellores grupos galegos do momento actuarán en Lugo do 4 ao 12 de outubro. Carlos Jean, Siniestro Total, Bigott, Che Sudaka, La Casa Azul, António Zambujo e Vendetta abren a programación.
A cantante organiza esta fin de semana un festival para devolverlle ao pequeno pobo no que naceu todo o agarimo que os seus paisanos lle brindaron. Dover, Rosendo, Vega e Chris Barron, entre outr@s actuarán no 'Festival de la Luz'. A recadación das entradas destinarase a unha causa solidaria: a loita contra o cancro.
Por segundo ano consecutivo a Compañía de danza Traspediante trae esta expresión artística a diferentes espazos da cidade das Burgas. Do 13 ao 15 de setembro 33 artistas implicarán á cidadanía coa arte o corpo.
Os John Deeres, Terbutalina e Machina actuarán o 4 de outubro abrindo as festas máis participativas da cidade. Nesta segunda edición continúan na liña de promocionaren a música na nosa lingua.
A reitoral de Gundivós abre o calendario de concertos que do 8 de setembro ao 18 de outubro presentarán propostas de música antiga e contemporánea en lugares de interese patrimonial.
A asociación cultural de cooperación internacional Pallasos en Rebeldía, en colaboración con algunhas entidades locais, organiza, ao longo de 12 días, actividades coma actuacións, obradoiros, visitas a campamentos de refuxiad@s e galas con estrelas de recoñecido prestixio, para levaren o riso e a rebeldía ao territorio palestino.
O Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA) celebra a súa XXIII edición do 4 ao 7 de setembro con monólogos, monicreques, Teatro de Ningures e a presentación da compañía Il Maquinario