Saltar ao contido
5:50 h. Domingo, 26 de Maio do 2013

Opinión

Mónica Bar Cendón

Mónica Bar Cendón

Vota:

Ateo sen compromiso

 

Cruceime con Aba. Como falo dela sen o seu permiso, oculto o seu nome real. Aba encóntrase entre as persoas máis íntegras e eclécticas que coñezo. Alberga no seu corpo e alma (na que cre) un crisol de devocións que só ela sabe facer compatibles: o feminismo, o esquerdismo, o galeguismo, o cristianismo, o teatro e as pizzas.

Canto aprendín de Aba en tanto que foi a miña alumna de interpretación. Nas prácticas construía máscaras dun realismo impresionante: as máis acertadas nos modos e na linguaxe eran as da “casada-ata-as-tetas-de-todo, e as dos monseñores. Con estes últimos gañaría a Palma, ou o Can do festival de Cans.

Ninguén coma ela para coller a esencia viscosa do fanatismo relixioso, ninguén para estruturar o discurso maquiavélico, mentireiro e tremendamente afectado deses espécimes. Ninguén coma ela para testemuñar a lobotomía cerebral das criaturas a través dos púlpitos. Nas manifestacións feministas coreaba con gañas “imos queimar a conferencia episcopal, por machista e patriarcal”. As súas amigas parroquiás rifábanlle pero ela defendíase con que só as feministas son quen de meterse con estes aproveitados e sinverghonzas, agás as feministas ninghén se mete coa igrexa.

O caso é que Aba daba exemplo e mesmo palestraba seguido sobre as ideas humanitarias do cristianismo primixenio: a solidariedade, a humildade, o seu comunismo condutual...

Pero nada diso asomaba nos “seus monseñores”. Son malos e crueis -dicía Aba- uns bechos. Eu increpáballe: ¡ciencia e crenzas, insólita macedonia, Aba!

- Bo, eu preciso crer en algo, e ti, daquela, se non cres en nada que fas?

- Eu? Eu, como diría Coll, “pateo”: manifesto a inexistencia de Deus cos pés.

Entre risos, porque Aba sempre che fai rir, trataba de comprender como un deus, inconsistente, artellaba a folla de rota dunha muller tan lista e loitadora... cando de sutaque ocurríuseme tentala cunha das súas devocións.

- Aba: o teu bispo preferido, Reig Pla, estará no Pazo de Congresos de Madrid o día 25. Mandáronme ata un código de desconto para a cita das ultrafamilias, e unha consigna tranquilizadora:

“Tamén homosexuais valentes e honestos (crentes e non crentes) dixeron publicamente que as palabras que pronunciou o bispo de Alcalá responden cen por cen á verdade da vida das persoas homosexuais” (sic).

- Aba!: Tes que reconciliarte con monseñores! Que che parecería un Reig Pla, ateo renacido, cun xiringo para apostatar baixo a Cruz dos caídos de Vigo?

- Feito, e por deus, hahahaha, por deus, a ver se tiran a cruz dunha vez... Mañá fágoche a proposta para o vestiario de Monseñor Pla e o seu noivo, porque se vai ser renacido terá noivo, digo eu? Ou vai ser un ateo sen compromiso?

 

Outros artigos
Outras voces
Publicidad publicidade, ddc, consultores, 300x250 - Inner opinion
Publicidad Banner  Aira das letras 300x250 - Inner Opinion