Saltar ao contido
17:56 h. Sexta feira, 24 de Maio do 2013

Opinión

Francisco Carballo

Francisco Carballo

Historiador
Vota:

Thompson-Hobsbawn

 

É  xusto referirmos a  este dous historidores nestes días preelectorais. E. Thompson, 1924-1993, Eric Hobsbawm, 1917-2012, visitábanse periodicamente, tiñan anos de militancia común, preocupáronse polos  mesmos obxectivos sociais. Para eles as clases sociais non eran somente tema de estudo, eran o ritmo histórico do devalar da sociedade.

Ningún historiador me ocupou cos seus libros como Eric Hobsbawm; a súa análise dos séculos XIX e XX descrebe  os tempos máis escuros e salvaxes do capitalismo; ao irse, deixa unha adiviñanza: quedan aínda espazos temporais para este capitalismo en vértixe.

E. Thompson é decisivo coas obras “A formación da clase obreira en Inglaterra” e “=Os Costumes en Común”. A primeira era parte dun proxecto de análise da sociedade británica; só publicou a referente Inglaterra na segunda parte do s. XIX. Inda así un volume de máis de 800 pp. Na segunda, quixo iluminar á sociedade inglesa  da 1ª Revolución industrial, 1776-1830..De Thompson escrebe Hobsbawm: “

   “A formación da clase obreira en Inglaterra”(1963), unha especie de volcán histórico en erupción de 849 pp., quefoi acollida inmediatamente como libro de importancia capital polos historiadores profesionais, e que, de noite á mañá, conquistou ao público de xoves lectores radicais dos dous lados do Altántico, e pouco  despois aos sociólogos e especialistas en historia social da Europa continental.

Edward era de feito unha persoa cunha s dotes realmente extraordinarias, entre outras esa especie de “calidade de estrela” que facía que todo o mundo volverá os ollos cara a súa apostura. A súa obra conxugaba paixón e intelixencia. As dotes de poeta,  narrador e analista”(E. Hobsbawm, Interesting Times. A Twentieth-century Life”).

De Thompson reedítase a “Formación”; de Hobsbawm temos abundantes publicacións tanto de historia como de análise da sociedade. Os dous son xa historiadores falecidos, uns historiadores imprescindibeis. Uns historoiadores que conxugaron, Thompson a historia cunha actividade política de vangarda, Hobsbawm cun recorrido xeográfico universal. Para min, uns Mestres a ter sempre enriba da mesa. Francisco Carballo.

Outros artigos
Outras voces
Publicidad publicidade, ddc, consultores, 300x250 - Inner opinion
Publicidad Banner  Aira das letras 300x250 - Inner Opinion