Print

Nova xornada de mobilizacións #novullpagar, contra o re-pagamento das autoestradas en Catalunya

Sermos Galiza - | 20 de Maio de 2012

As plataformas contrarias ás portaxes chaman á desobediencia civil contra este imposto indirecto, e reivindican que os cartos recadados na rede viaria catalana  se reinvistan neste país

A segunda convocatoria da campaña #novullpagar, contra o re-pagamento das portaxes en Catalunya, voltou ser un éxito. Difundida a través das redes sociais este domingo ao medio día, pouco tempo despois a información do tráfico daba conta xa de atascos de até catro quilómetros nalgunhas peaxes. As reivindicacións queren denunciar o que denominan un imposto indirecto e a nula inversión estatal no país catalán.

Así, ERC, SI, Reagrupament, CUP e as plataformas contrarias ao pagamento das portaxes de autoestrada --No vull pagar e Prou Peatges-- fixeron unha chamada á desobediencia civil. No nome de todas as formacións citadas falou Alfred Bosch despois de pasar na peaxe de Vilassar de Mar --sen pagar-- en dirección a Barcelona, e destacou que a convocatoria ten o mesmo valor que as consultas soberanistas e a insubmisión fiscal "porque calquera desafío ás desigualdades é válido". Ao tempo, reivindicou que os cartos recadados na rede viaria catalana debe ficar en Catalunya.

You can see this article in the next direction http://www.sermosgaliza.com/artigo/paisos-catalans/nova-xornada-de-mobilizacions-novullpagar-contra-o-re-pagamento-das-autopistas-en-catalunya/20120520184111001435.html

Sermos Galiza
© 2012 Sermos Galiza

Sermos Galiza
Preguntoiro N9, 1º
15704, Santiago de Compostela (Galiza)
981.999999