A Fundación das Caixas de Aforros (Funcas) fixo público un dato descoñecido até agora: A economía somerxida representa 24 por cento do Produto Interior Bruto do Estado español, o que implica que case unha cuarta parte da riqueza do Estado está á marxe do control do fisco.
Segundo relatan os informativos da Crtvg, Funcas xa calculara outras veces o alcance do diñeiro B, mais nunca até agora fixera unha estimación tan alta. A economía somerxida representa 23,7 por cento do PIB entre os anos 2005 e 2008. Visto doutra maneira, dá emprego a 4 millóns de persoas. E é unha porcentaxe que non deixa de medrar. De feito, o estudo de Funcas sinala que nos últimos trinta anos se multiplicaron por catro as actividades non declaradas.
E todo isto ten consecuencias. As propias persoas expertas advirten que a economía somerxida se pode converter nun lastre importante. Abonda un dato: na última década o Estado deixou de ingresar 31 mil millóns de euros por mor dos individuos defraudadores. Isto vén sendo un 5,6 do Produto Interior Bruto. É a mesma porcentaxe de déficit que ten prevista o Goberno para este ano.
Sermos Galiza
Preguntoiro N9, 1º
15704, Santiago de Compostela (Galiza)
981.999999