Saltar ao contido
4:17 h. Quinta feira, 24 de Xullo do 2014

Vota:

Bárcenas implica a Romay Beccaría na trama das contas en B no PP

O director de 'El Mundo', Pedro J. Ramírez revelou ante o xuíz que o ex-tesoureiro sinalou a Romay Beccaría como a persoa á que entregar unha 'doazón' de 300.000 euros en metálico para o partido.

A.V
Romay Beccaría
Romay Beccaría

Ano 2011. Nin Bárcenas nin Lapuerta tiñan xa ningunha responsabilidade na tesoureiría do PP. Un doante habitual do Partido Popular quere entregar 300.000 euros en metálico á organización conservadora. E está interesado en que chegue a ouvidos de Rajoy a xenerosa achega. Remitírono a José Manuel Romay Beccaría. A persoa que substituiu a Bárcenas como tesoureiro. 

Esta é a principal novidade que o director de El Mundo, Pedro J. Ramírez, revelou na súa comparecencia ante o xuíz, onde acudiu en calidade de testemuña a declarar polo caso dos papais de Bárcenas.

O que afirmou Pedro J, que sinala que é o que lle expresou Bárcenas, introduce importantes cuestións a desvelar. En primeiro lugar, que as 'doazóns' continuaron no tempo até hai pouco e que estas non implican só a Bárcenas.

O padriño político de Feijóo

E aí sae o nome de Romay Beccaría, o home do Opus no PP, a persoa que apadriñou en política a Núñez Feijóo. O mesmo que meteu a Manuel Cruz, chófer da Xunta e que puxo en contacto a Feijóo e o narcotraficante Marcial Dorado. Cun amplo curricolo político (foi conselleiro, ministro senador...) actualmente é presidente do Consello de Estado.