Saltar ao contido
5:57 h. Quinta feira, 10 de Xullo do 2014

Vota:

A oposición prevé un "estalido social" mentres o PP defende as 'virtudes' do capitalismo

Un 23% de desemprego, 33.000 fogares sen ingresos, 90.000 familias con todos os seus membros sen traballo e 22.000 moz@s emigrad@s entre 2009-2011. As forzas da oposición advirten que de non mudar as políticas Galiza vivirá "unha hecatombe". En troca, o PP gaba as 'bondades' do capitalismo do que, din, "continúa a mellorar as condicións de vida da poboación mundial".

O.R

 

Pedro Puy referíase esta segunda feira a unha "brincadeira" dos anos de Guerra Fría en que o marxismo concibía a caída do capitalismo como unha "predición científica". Para o voceiro popular, "a historia deixou en evidencia a capacidade científica do marxismo" ao asegurar que foi este o sistema que saiu triunfador da orde bipolar mentres o comunismo esmorecía. 

Entre 2009 e 2011 máis de 20.000 moz@s emigraron, isto é o 40% das persoas que naceron nese mesmo período

Ao igual que naquela altura, continuaba Pedro Puy, os grupos da oposición (tal que a URSS) albiscan o fin do réxime após "o estalido social" que devirá dunha "situación económica e social cada vez máis difícil" e rematará cos gobernos do Partido Popular na Galiza e Madrid. O pronostico facíao o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras nunha entrevista concedida á Cadena Ser. Ao igual do que el, BNG e PSdeG aseguraron esta segunda feira en senllas comparecencias de imprensa que será preciso "un xiro de 180º se non queremos esa hecatombe política e social" --apuntou o portavoz nacionalista Francisco Jorquera. 

Os últimos dados tiradas da Esquisa de Poboación Activa (EPA) reflicten "unha situación verdadeiramente dramática" e "a constatación dun fracaso". En troca, desde o Partido Popular aseguran que o sistema capitalista --trunfador da Guerra Fría, acrecentou Pedro Puy perante a imprensa-- "continúa a mellorar as condicións de vida da poboación mundial" como único garante de benestar social. 

PSdeG exixirá a comparecencia parlamentar de Núñez Feijóo para explicar a súa política de emprego

Malia a fachenda do popular, os dados non din o mesmo para aquel@s que lles quedaran dúbidas da faciana máis crúa do sistema dominante. As estatísticas deixan 90.000 fogares con todos os seus membros en paro e 33.000 que carecen de ingresos a fin de mes. No que vai de goberno Feijóo máis de 22.000 moz@s abandonaron Galiza na procura dun posto de traballo e 23 de cada 100 persoas fican sen traballo contribuíndo á formación daquel exército industrial de reserva ao que se refería Karl Marx no século XIX.