Saltar ao contido
7:42 h. Sexta feira, 11 de Xullo do 2014

Vota:

Lembrándollo a Bruxelas: Sabemos e queremos construír barcos. Neste número 54 do Sermos

Por volta de 15.000 empregos penden en Galiza do que a UE vaia decidir o día 17 sobre o `tax-lease. Contámoscho neste número do semanario. Tamén damos voz a moz@s que van sufrir as medidas de Wert. E entrevistamos a Manuel Veiga e Joao Carmargo, entre outros. È debullamos a manifestación unitaria da mocidade pola independencia

Redacción

Mais unha sexta-feria, o semanario Sermos Galiza volve á súa cita cos lectores e lectoras. O tema da semana é o naval. A devolución das axudas do 'tax-lease' pode afundir o naval galego, un sector que só nestes cinco últimos anos perdeu 10.800 empregos. De decidir a UE que o naval ten que pagar os 2.800 millóns de euros que lle pide, por volta de 15.000 traballadores poderían ir á rúa en Galiza, entre postos directos e indirectos.

En Opinión, Fernando Blanco, de Esculca, interpreta como foi o recente proceso na Audiencia Nacional contra catro mozos independentistas e tres membros de Adega debullan para os lectores o Caso Barreiros.

Bárcenas volve ao papel de Sermos Galzia. En Crónica política contámosche como Feijóo xa está a trazar plans alternativos por se Bárcenas 'fala' o salpica.

Contra o austericidio, pola democracia

Entrevistamos neste número 53 A Joao Camargo, ativista dos movementos sociais portugueses que estivo estes días na Galiza. “Opor-se á austeridade é defender a democracia”.

E tamén nos adentramos no cerne da manifestación unitaria que, convocada por diferentes organizacións xuvenís, percorrerá Compostela o 24 de xullo para demandar a independencia.

E nunha dupla páxina contamos como o estudantado está a responder ao ministro Wert e ás súas tentativas de erguer un ensino elitista e privatizador. Damos a voz a estudantes que relatan os efectos concretos que na súa vida académica poden ter as imposicións do ministro.

E hai moito máis: Desemprego, si. E como o centralismo español chega até querer eliminar Meteogalicia. E, deportes, como non, desta volta falando do fútbol gaélico. O acontecido con Evo Morales e Edward Snowden tamén son tratados neste semanario.

Contámosche como o PP desfai o proxecto 'Nomes e voces', entrevistamos ao escritor Manuel Veiga ou percorrermos da man de Viaxes na Miña Terra a costa de Laxe.54.

E moito máis. Todo neste número do semanario, o 54