Saltar ao contido
21:44 h. Sexta feira, 24 de Maio do 2013

Vota:

Galiza é de Primeira!

O Celta conseguiu hoxe, despois do empate diante do Córdoba, subir de categoría. A temporada vindeira o derbi galego vai ser en primeira.
Sermosgaliza

O Celta de Vigo xa está en Primeira División. Cumpríronse os prognósticos e o partido de hoxe diante do Córdoba case semellou un trámite polo resultado e as inexistentes ocasións de gol. O esforzo de toda unha temporada até acadar os puntos necesarios para ese segundo posto de ascenso directo ben valeu a xornada. E aínda que o resultado fose outro a equipa que podía quitarlle o sono aos de Balaídos, o Valladolid, perdeu o seu partido na casa diante do Guadalaxara.

Celebración en Vigo e en todo o país
A volta do Celta a Primeira estase celebrando polas rúas de Vigo e nas doutras cidades galegas como Compostela. En Vigo o centro da festa está, como xa é tradición, na Praza América. En Compostela na sede da peña celtista, na cervexaría Merlego.

(Haberá ampliación)