Saltar ao contido
2:17 h. Segunda feira, 20 de Maio do 2013

As estreleiras alentan a vitoria do Deportivo, que sae do descenso

O segundo gol marcado por Nélson fixo estoupar Riazor. No partido das bandeiras, o trunfo do Deportivo convertiu o encontro nunha xornada memorábel. A cinco minutos de estar extendida a inmensa bandeira do tamaño dunha praza chegou tamén o agardado primeiro gol do Deportivo a Riazor. O trunfo dos branco-azuis, combinado coa derrota do Zaragoza perante o Athletic (1-2), deixa a equipa de Fernando Vázquez fóra do descenso.

Publicidad vilaboa , feira de viño
Publicidad Publicidade Concello Riotorto xenérica

Anxo Queiruga: “Os recortes sociais poden facer retroceder tres décadas ao colectivo de persoas con discapacidades”

O movemento asociativo COGAMI que agrupa 53 entidades que traballan con persoas con discapacidades alerta, depois de celebrar a súa Asemblea Xeral,  sobre os efectos que están a ter os recortes nas áreas de benestar. O Presidente de COGAMI, Anxo Queiruga, sinala que o colectivo “corre o perigo de retroceder trinta anos nas súas condicións de vida”. 

Véndese pazo, prezo a convir

Os carteis de “véndese” que cada vez penduran máis de andares e establecementos comerciais chegaron tamén aos pazos. Na rede pódense atopar arredor dun cento, algúns declarados BIC, que buscan no capital exterior os seus futuros propietarios. Varios deles anuncian xa rebaixas. 

ContraMINAacción convoca unha manifestación nacional o 2 de xuño en Compostela “Contra a minaría salvaxe”

O 2 de xuño a mediodía e na Alameda será a hora e punto de partida da manifestación nacional que o colectivo ContraMINAcción, integrado por varias organizacións, convocan co lema “Contra a minaría salvaxe”. Protéstase contra o incremento de concesións mineiras por parte da Xunta que esquecen o medio ambiente, espazos protexidos e mesmo a veciñanza dos distintos territorios. 

Carlos Callón: “Que o día da lingua galega o PP dea o visto bo á lei da vergoña é repulsivo”

A poucas horas de se ter celebrado a manifestación que o Día das Letras Galegas encheu a Praza da Quintana reclamando o dereito a vivir na nosa lingua, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de Queremos Galego, Carlos Callón, valora o éxito dunha convocatoria que pon á vista a vontade de defender o galego nun momento no que se está a cuestionar mesmo a súa oficialidade. 

Miguel Fernández “A política de recortes e o desemprego están a aumentar a exclusión social”

O informe “Na procura de alternativas II” de Cáritas Inerparroquial recolle que 650.000 persoas están na Galiza en situación de exclusión social e 120.000 viven nunha pobreza que caracterizan de carácter severo. Responsábel de emprego e inmigración de Cáritas Interparroquial, membro da Plataforma polo emprego e do Foro da Inmigración, Miguel Fernández sitúa nas altas taxas e o desemprego prolongado máis na política de recortes as causas destes alarmantes datos. 

Reclaman á UE que lexisle contra a minería agresiva que ameaza Corcoesto, Castrelo de Miño, Xinzo ou Cartelle

Unha comisión composta por representantes de movementos sociais, plataformas, concellos e organizacións ecoloxistas reclamou ao Parlamento Europeo unha lexislación específica que poña freo ás ameazas da megaminaría contaminantes.Sinalan que sobre proxectos mineiros como Corcoesto, A Limia, Cartelle ou Castrelo penden a ameaza de catástrofes como  Aznalcóllar e Baía Mare.

Avoas e nais piden abrir os arquivos e o fin da impunidade despois da morte de Videla

Avoas e Nais da Praza de Maio, os colectivos de mulleres que saíron na busca de fill@s e net@s que a ditadura militar roubou ou fixo desaparecer non dan por finalizada a súa loita coa morte de Videla. Reclaman abrir arquivos e poñer fin á impunidade e lamentan que o ditador morrera sen se arrepentir e sen confesar onde están os seus seres queridos. Valoran, pola contra, que atopase o seu fin no cárcere, onde cumpría condena perpétua. 

O futuro do galego leva unha labazada coa aprobación da LOMCE no Consello de Ministros

O Día das Letras Galegas, mentres milleiros de persoas percorrían as rúas de Compostela para reivindicar o dereito a nosa lingua, o futuro do galego recibía unha labazada ao aprobar o Consello de Ministros o anteproxecto da LOMCE, sen apenas modificacións despois da folga que paralizou o ensino. 

Publicidad Arcadia

 

 

A andaina de Castelao por Europa chega ao cómic de man de Inacio e Iván Suárez

Máis Alá, o terceiro volume dunha serie biográfica, aterrou nas tendas do país coeditado por Demo Edicións e a libraría Kómic. Esta nova entrega repasará a estancia en París do histórico nacionalista e a súa relación coa arte da vangarda. O IV Encontro das Irmandabades da Fala  e as conversas con Manuel Antonio arredor do manifesto Máis Alá moverán a acción na Galiza. 

A Academia homenaxea a Vidal Bolaño no primeiro plenario presidido por Alonso Montero

A imaxe de Roberto Vidal Bolaño como pano de fundo. A escenografía de Criaturas, de Teatro do Aquí, sobre o escenario. A Academia celebrou a sesión extraordinaria do Día das Letras Galegas co plenario reunido no Teatro Principal de Santiago. O primeiro presidido por Xesús Alonso Montero. Foi a meiodía, a mesma hora que a manifetación de Queremos Galego saia da Alameda e pouco antes de que se impedira a entrada á Rúa Nova na que se celebraba coa asistencia do presidente da Xunta.  

Francisco Macías, “A obra de Vidal Bolaño tería que facer repensar as políticas editoriais e o sistema literario”

Que unha editorial de pequena dimensión decidira hai tres anos publicar a Obra Completa de Roberto Vidal Bolaño pon en cuestión a política editorial e o sistema literario. Quen isto pensa é Francisco Macías, o creador de Edicións Positivas, un selo que descubriu a Lois Pereiro en vida  -anterior Día das Letras- e agora ten nas librarías dous dos seis volumes que integrarán a Obra Completa de Vidal Bolaño. Para Francisco Macías, por vez primeira o Día das Letras descobre un autor de dimensións inmensas e fai mesmo cuestionar a nosa historia literaria. 

A Xunta blinda a homenaxe a Vidal Bolaño

Policía ás dúas beiras da Rúa Nova na que se celebraba a homenaxe da Xunta a Roberto Vidal Bolaño. Un grupo da Plataforma das Artes  Escénicas ao que se lle sumou unha protesta de afectados das preferentes topáronse cun desmedido control policial. Actrices e actores levaban nariz vermello en homenaxe ao seu compañeiro Vidal Bolaño. 

Fasero dura só seis meses na SGAE

A SGAE despide a Xoán Carlos Fasero por medio dunha carta. O que fora xerente da AGADIC, mantívose só seis meses á fronte da coñecida como “zona noroeste” da entidade á fronte a que está Antón Reixa, que tivo en abril que responder polo nomeamento de Fasero, ao se saber que o musical Galicia Canival recibira case cento cincuenta mil euros da AGADIC. 

Operación Ordes, as Letras Galegas con triunfo

Ademais dos actos institucionais, o Día das Letras Galegas conmemórase en asociacións, entidades e, moi especialmente, en centros de ensino. Nos de Ordes, un dos berces do bravú, este venres chegan à final da súa “O.O. Operación Ordes” na que a rapaciada compón e canta en galego. 

Dores Tembrás, “A miña poesía leva a terra tatuada”

Con Cronoloxía da Urxencia a poeta Dores Tembrás gañou o Premio de Poesía do Concello de Carral. Un poemario na que a autora procura o desexo en multitude de voces femininas, nun encontro coa terra, o traballo e a casa da aldea. Autora de O pouso do fume (2009), Dores Tembrás afonda nunha liña que ten como trabes a terra, o silencio e o desexo. 

Publicidad sermos 20%
Opinión
Mariña Pérez Rei

Mariña Pérez Rei

A cobiza axexando a costureira. Sainete ou drama? Podería ser un cantar de cego, unha...
Xabier P. Igrexas

Xabier P. Igrexas

 É a ausencia de políticas efectivas de estímulo do uso da noso idioma...
francisco-castro
FRANCISCO CASTRO

Políticos medianos

Escoito falar da necesidade de atopar líderes (preferiría proxectos e programas)...
cibran-arxibai
CIBRÁN ARXIBAI

A nai asasina

A noticia é estarrecedora. Unha nai mata ao seu propio fillo. Mais o estraño do...
valentim-fagim
VALENTIM FAGIM

O telescópio e a Internet

A Internet, como antes o Telescópio, permitiu assim visibilizar o que de facto existia e...
Publicidad xerais, xabier paz

No nº47 botamos fóra a lingua que nos queren cortar!

Coa enerxía do Día da nosa lingua e das nosas letras sae do prelo máis un número do semanario. As agresións ao galego que a Xunta consente cando non as executa, o custo das empresas con paraísos fiscais, os 40 anos de loita do pobo saharaui pola súa liberdade, unha conversa co profesor Freixeiro Mato e unha Rosalía pequeniña son algúns dos contidos que che ofrecemos. Lembra: podes mercalo na nosa loxa!

"Contos da miña terra" de Rosalía inicia as lecturas móbiles na nosa loxa

No día da Internet e no día das Letras, Sermos Galiza inicia a edición de textos literarios exclusivamente en formato electrónico, para lectura en dispositivos móbiles. O primeiro texto é o conto de Rosalía, "Contos da miña terra". A edición toma como base a aparecida en Almanaque gallego, por Manuel Castro y López, Buenos Aires, Ortega y Radaelli, 1903.

Pódese baixar da nosa loxa a 0.50 €.

Publicidad sermos tenda
Radio Sermos      ->Nova Xanela